domingo, 18 de mayo de 2014

Acto 16 maio IES Fermín Bouza Brey



O venres 16 de maio... por fin fixemos público todo o traballo que levamos realizando nestes meses...
O Equipo de Normalización Lingüística quere darvos as grazas a todas e todos.
A Marta Vázquez e Marta Lago pola presentación do acto, a Dimas pola música e pola súa intervención, a Manolo e a Sandra pola organización da exposición, a Antonio polo deseño da mesma, a Mila e aos seus alumnos polos poemas recitados, a Lois, a Diego e ao resto dos mozos de TIC polo seu impresionante vídeo, a Carme e a Cristian polo apoio, a Sabela polo dominio das novas tecnoloxías, a Cristina polas actividades, a Mario, Marta, Darlyn, Antón, a Carmelo e aos seus alumnos de latín  e ao pai de Cris polas traducións, a Bieito e aos seus alumnos polo photocall, a Esther, ás rapazas e rapaces que cantan o tema "Penélope" porque o fan de marabilla, a Isa e aos seus alumnos polos traballos que decoran o centro, a Ana Peña, a Miguel polos cartaces e a todas e todos os que se nos esquecen!!

1 comentario:

  1. E grazas a Patricia por ser a creadora, impulsora e alma do proxecto!

    ResponderEliminar